Seguir para a frente de Menu principal | PORTUGUÉS PARA NÓS Nesta Europa, culturalmente tan diversa, o coñecemento de idiomas convértese nun dos principais requisitos para que mozos e mozas poidan desfrutar plenamente das moitas oportunidades que ofrece a colaboración entre os pobos e a mobilidade a través dos diferentes estados (quer con fins culturais, quer académicos, laborais, turisticos ou de lecer). É tamén, nesta perspectiva de contribuír á formacion dunha mocidade máis aberta e participativa que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vén prestando especial atención ás relacións de Galicia con Portugal, poñendo en marcha unha serie de iniciativas para fomentar o contacto e cooperación entre a xente nova de ambas as beiras do Miño.
PORTUGUÉS PARA NÓS, que lle permitirá á mocidade galega, e a toda a poboación en xeral, ter acceso cómodo ao ensino da lingua portuguesa, xorde da convicción desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, de que, máis ca nunca, hoxe é necesario que Galicia e Portugal reforcen e amplíen os seus vínculos históricos, dándolle, agora si, unha relevancia determinante aos aspectos sociais e culturais. Para calquera suxestión ou consulta técnica sobre o curso poden dirixirse ao administrador no seguinte enderezo: admin@portuguesparanos.org Disciplinas disponíveis Curso multimédia de português para galegos. | 3ª Entrega de diplomas A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado outorgará un diploma acreditativo de coñecemento da lingua portuguesa, nivel iniciación, a aqueles alumnos que teñan superado con éxito o curso no primeiro semestre de 2009. Os diplomas acreditativos foron enviados ao alumnado por correo postal. Entrar |